Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTA E FISCALÍA ASINAN O ACORDO

Un fiscal por provincia contra a sinistralidade laboral

Máis de 47 mil accidentes no traballo, preto dun 3% por riba das cifras do ano anterior e cun aumento continuo dos sinistros con baixa laboral, a nosa comunidade segue nos primeiros postos a nivel estatal no que se refire a sinistralidade no ámbito do traballo. "Galiza é obxetivo prioritario en materia de prevención de riscos laborais", subliñou este luns o fiscal xeral do Estado, Cándido Conde Pumpido, de visita para asinar o convenio co goberno autonómico para a creación de fiscalías provinciais que se especializarán no control desta situación.

- 07:02 19/04/2005
Tags:

"É preciso reducir o alto grao de sinistralidade que se rexistra en Galiza", recoñeceu o fiscal xeral do Estado. Mentres no Estado os números da sinistralidade amosan unha tendencia á baixa, nas empresas galegas os números seguen en aumento. Durante o ano 2003, e malia que os sinistros con morte descenderan no país, por outro lado aumentaba o número de accidentes cualificados coma "graves".

Paradoxalmente, un informe de CCOO destacaba nese período a nivel estatal o primeiro descenso en oito anos: 896 mil accidentes con baixa, 50 mil menos que no 2002 e un total de 1.033 traballadores mortos no seu posto de traballo, estatísticas que en todo caso dobran a media europea de sinistralidade. O custe avaliado deses accidentes: 96 mil millóns de euros dende a entrada en vigor en 1996 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.


Ligazóns

0/5 (0 votos)