Fraga desbotou esta mañá un posíbel adianto electoral para o mes de xuño, pero non confirmou que os comicios galegos vaian ser en outubro. O presidente da Xunta asegurou que hai no seu partido quen lle suxire que adiante as eleccións, -"teño xente para todo, dixo- pero insistiu en que esa decisión soamente lle corresponde a el. Ademais, o presidente da Xunta afirmou que tomará esa decisión "cando lle conveña a Galiza", aínda que tamén asegurou que o que lle convén a Galiza é que o PP siga gobernando a Xunta.