As eleccións vascas supoñen "unha seria advertencia" para o presidente da Xunta, segundo asegurou o líder do PSdeG, Emilio Pérez Touriño. De feito, Touriño chegou a comparar a Fraga con Ibarretxe, na súa política de "confrontación" co goberno español. Os resultados indican, segundo Touriño, que os cidadáns "rexeitan o vitimismo, a confrontación e a procura dun inimigo exterior" polo que igual que a sociedade vasca "rexeitou o plebiscito de Ibarretxe", a galega "rexeitará o que lle presenta Fraga" nas eleccións previstas para outubro. Por outra parte, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, afirmou que non cre que os resultados das eleccións vascas marquen o fracaso do Plan Ibarretxe, senón que se abre un período para que as formacións políticas dialoguen para afondar no autogoberno e decidir se a proposta do lehendakari sirve ou hai que modificala".