Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Rumor de urnas na rede galega

Contabámoslles hai semanas da pouca querencia dos deputados galegos polo uso de internet para comunicar cos cidadáns, con apenas dous parlamentarios con web: Beatriz Loroño e Xosé Manuel Lage. Ao tempo, a nivel dos partidos, BNG e PSdeG son os únicos con presenza virtual, mentres o espazo web do PP galego segue morto. A maiores, os socialistas presentaron recentemente o sitio de Touriño. E mentres, ao blogmillo asoman diferentes propostas dos internautas: ademais de Galiza Confidencial, xestionado por xornalistas e Galiza Decide, dende Vigo abren a web Eleccións Galegas que fornece espazo de balde para quen queira falar en exclusiva sobre o debate electoral galego. En Blogaliza e no Buscador de Vieiros poden estar ao tanto de novidades.

- 13:02 15/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)