"Iniciouse unha nova política social, abriuse a porta para a participación política das mulleres, realizouse unha reforma agraria, desenvolveuse o ensino público, púxose a base dun país non confesional...". O grupo parlamentario de Esquerda Unida achegoulle ao presidente do Congreso a petición dunha declaración institucional en lembranza e recoñecemento da II República. Vilagarcía, Santiago, Vigo, Ourense e A Coruña son algunhas das cidades con colectivos republicanos en activo. A plataforma estatal de cidadáns republicanos presentou un manifesto a prol da terceira república.