Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CUMIO EN OSLO

Compromiso internacional para a reconstrución de Sudán

Por riba incluso da petición mínima realizada polas Nacións Unidas, 780 millóns de euros, a xuntanza en Noruega para debater a axuda internacional a Sudán logo dos recentes acordos entre o goberno africano e os grupos independentistas do sur do país, despois de máis de vinte anos de conflito, semella concluír con éxito. O máis de medio cento de Estados presentes na reunión acordou achegar cantidades que suman xa arredor de dous mil millóns. Dende os EEUU anunciouse o pago de 650 millóns para este fondo, e a UE prometeu destinar preto de 600 millóns, axudas que en todo caso dependerán da evolución da situación e das garantías no proceso de paz e cara a consolidación da democracia en Sudán, e moi especialmente, a solución que se lle dea á castigada rexión de Darfur.

  • Anteriores: Darfur, a oportunidade para a Corte Penal Internacional

  • - 08:57 13/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)