Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NO ANIVERSARIO DO DESCUBRIMENTO DO ADN

Propoñen crear unha base de datos co perfil xenético de toda a humanidade

Todos e cada un dos veciños do planeta coa súa identidade xenética rexistrada nun computador? A idea introduciuna hai poucos días Alec Jeffreys, da Universidade de Leicester, durante os actos de celebración dos vinte anos dende o achado do ADN. O científico puxo de exemplo a recente catástrofe da tsunami en Asia, onde milleiros de vítimas anónimas poderían ter sido identificadas de dispoñer os gobernos destes datos. Malia todo, os colectivos en defensa das liberdades civís advirten dos perigos deste tipo de iniciativas.

- 10:40 12/04/2005
Tags:

O propio Jeffrey recoñeceu a existencia dos perigos que o abuso destes datos pode facilitar, e subliñou que unha proposta deste tipo debería incluír a separación entre a información xenética e os enderezos e nomes das persoas, para impedir que ciberpiratas e gobernos puidesen facer uso ilegal disto. Ao respecto lembrou a situación no Reino Unido, onde a lexislación permite ás autoridades policiais a toma de mostras de ADN e posterior almacenamento de datos calquera detido.

Os promotores deste proxecto policial inglés, que acumulou en dez anos os datos xenéticos de tres millóns de persoas, defende a alta taxe de crimes resoltos grazas a esta base de datos. Malia iso, dende os colectivos ingleses en defensa das liberdades civís veñen denunciando as ameazas ás liberdades civís que posibilitan estas prácticas, e láianse de que a progresiva introducción de medidas similares non vaia acompañada dun debate público polo miúdo sobre os problemas para a privacidade das persoas que abre a existencia desas bases de datos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)