Comunicado da Executiva do BNG logo da reunión mantida tras a carta enviada por Xosé Manuel Beiras anunciando a súa demisión como presidente do Consello Nacional da formación nacionalista.
"No día de hoxe, ás 19.30 horas da tarde, recibiuse na Sede Nacional un escrito de Xosé Manuel Beiras dirixido ao portavoz nacional e aos membros do Consello Nacional e através do cal se comunicaba a súa decisión de non formar parte das candidaturas do BNG ás eleccións galegas e, ao mesmo tempo, a súa determinación de demitir como presidente do Consello Nacional, organismo no que permanecerá como un membro máis dos eleitos pola XI Asemblea Nacional do BNG.
A Executiva Nacional lamenta a decisión de Xosé Manuel Beiras e ao mesmo tempo mostra o seu respeito perante ela.
Xosé Manuel Beiras sempre foi un referente político para o nacionalismo galego e continuará a selo no futuro con independencia do posto que nel ocupe.
A Executiva Nacional quer manifestar a súa convición de que Xosé Manuel Beiras continuará a contribuír ao ascenso do nacionalismo en Galiza e á consecución do cambio galego que no mes de Outubro levará a Anxo Quintana a ser o primeiro presidente nacionalista da historia deste país".
Santiago de Compostela, 11 Abril 2005
Santiago Domínguez Olveira.
Secretario de Comunicación da Executiva Nacional