Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Beiras demite como presidente do Consello Nacional do BNG

O presidente do Consello Nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, demitiu deste cargo e abandona asemade a súa carreira por figurar nas listas electorais dos nacionalistas. Nunha carta enviada ao voceiro nacional Anxo Quintana, Beiras discrepa coa dirección da fronte no que respecta ás atribucións do seu cargo de presidente do Consello Nacional, e cualifica a polémica sobre as candidaturas de "detonante". Nos últimos días, as propostas de Beiras para a confección das listas electorais foran amplamente rexeitadas na maioría das asembleas comarcais do BNG onde foron votadas. Beiras recoñeceu que nos días previos ao Consello Nacional do pasado xoves cometera algúns "erros mediáticos", pero, como dí na carta, "é falso que no último Consello Nacional eu teña asumido as acusacións das que fora obxecto por parte da Comisión Executiva". Precisamente, a propia Executiva do BNG, reunida logo de coñecer o anuncio de Beiras, "lamentou" nun comunicado a demisión do presidente do Consello Nacional, ao tempo que mostrou "respecto" pola súa decisión.

  • Sorpresa e expectación, reaccións á demisión de Beiras
  • Opinións desde fóra, Vicent Partal, director de Vilaweb, e desde dentro, Ramón Villares
  • A historia recente do BNG en Vieiros:
  • Móvese a espiral?, especial X Asemblea
  • Mar de vento ou mar de fondo, dossier sobre a XI Asemblea
  • Entrevista con Beiras en xullo de 2004

  • - 12:48 12/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)