"No Partido Socialista cremos que calquera idea se pode converte nunha gran idea". Así é como o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, chama á participación da cidadanía a través da súa nova web: www.presidentetourino.com. Segundo a dirección dos socialistas galegos, a páxina pretende ser un "auténtico foro" desde o que o candidato Touriño atenda ás preguntas e as suxestións dos internautas. A web dispón dun apartado de participación que conta coa posibilidade de enviar suxestións en liña, ofrecerse para voluntario de campaña, opinar en foros e recibir información sobre as actividades do partido. A páxina está aínda en proceso de construción: faltan contidos nos apartados multimedia e a axenda non está activada.