Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS DO INEM

Os parados galegos, os peor pagados

As prestacións económicas aos desempregados galegos están, con 819,3, uns 113 euros por baixo da media estatal. Só os parados de Estremadura e Canarias son un chisco máis baratos ca os galegos, nunha estatística que ten á cabeza aos parados de Navarra, con axudas medias no contorno dos 1.126 euros. As axudas e estratexias contra o desemprego estarán entre as prioridades da axenda para a reforma laboral que sindicatos, patróns e goberno comezan a negociar en maio. Os datos do mes de marzo reflicten que o número de parados rexistrados no INEM en Galiza baixou en 902 persoas, o 0,58%. No conxunto do estado o paro reduciuse un 1,93% no mesmo período.
Anteriores:

  • 69 mil parados galegos sen axudas
  • O paro en Galiza case triplica ao da Rexión Norte

  • - 11:52 04/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)