Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEN ACORDO PARA XULGAR OS CRIMES

Darfur: a oportunidade para a Corte Penal Internacional

Os obstáculos que os EEUU lle veñen poñendo ao Tribunal Penal Internacional, que o goberno Bush se resiste a recoñecer, impide que o organismo internacional poida iniciar os traballos de investigación sobre o xenocidio nesta rexión de Sudán. Ao tempo, o goberno sudanés insiste en que pode resolver a crise pola súa conta e vén de anunciar a detención de quince oficiais de exército e policía implicados en violacións e asasinatos en Darfur.

- 09:12 29/03/2005
Tags:

Francia propuxo a pasada semana no Consello de Seguridade que fose o tribunal internacional quen xulgase os crimes acontecidos en Sudán, mentres os EEUU ameazaban con vetar a proposta e pedían crear un tribunal especial para o caso. No fondo está a propia belixerancia da administración USA cara unha institución á que se opón, mentres os colectivos humanitarios insisten no significativo e a importancia que tería que a Corte Penal Internacional se fixese cargo deste asunto e destacan que este organismo, amparado polas Nacións Unidas, é o único que pode garantir a credibilidade no proceso.

Ao tempo, que a ONU acordaba o envío dunha forza de paz integrada por dez mil cascos azuis a Sudán, o goberno daquel país anunciaba a creación dun tribunal específico que xulgue o acontecido en Darfur. O xuíz encargado xa avanzou que cando menos 164 persoas deberán comparecer para dar conta dos presuntos delictos contra os dereitos humanos. A desconfianza xurde das acusacións que implican a membros do propio executivo e altos cargos na responsabilidade dos abusos cometidos.

Por outra banda, contámoslles que o secretario xeral da ONU, Kofi Annan, mantén este martes unha xuntanza con representantes de asociacións non gubernamentais que traballan na zona para debater como reorientar a axuda de emerxencia e as accións a medio prazo para mellorar as condicións de vida.


Ligazóns

0/5 (0 votos)