Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEMBRAN QUE É HABITUAL O PICO DE LUMES A FINAIS DO INVERNO

Adega denuncia unha "nova oportunidade desaproveitada" na loita contra o lume

"Fronte á actitude teimuda da Consellería de Medio Ambiente de insistir en políticas fracasadas, a chuvia segue a ser a única ferramenta eficaz para conter o problema dos lumes". Dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza insístenlle á consellería de Medio Ambiente na necesidade de "diálogo e participación social, prevención e xestión sostíbel dos montes".

- 10:03 21/03/2005
Tags:

Adega tamén sae ao paso do presunto vencello dos incendios co retiro da Xunta en Santo Estevo e lembra que non se trata de nada inusual e que de acordo cos datos dos últimos trinta anos "adoita haber dous picos de incendios, sendo un deles a finais do inverno (febreiro-marzo) e outro a mediados do verán. Nalgúns anos, por exemplo en 1992 e en 1997, o primeiro ten sido maior có segundo".

Ao tempo, Adega lamenta que o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, "teña desaproveitado a oportunidade da recente creación do Consello Forestal de Galicia para constituír un foro plural, independente e representativo de todos os axentes sociais interesados na xestión dos montes, cuxa principal finalidade debería ser consensuar accións eficaces e con visión de futuro para loitar contra os lumes forestais".


Ligazóns

0/5 (0 votos)