Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME ANUAL DE "TRANSPARENCY INTERNATIONAL"

A reconstrución de Iraq, "o maior escándalo de corrupción da historia"

A corrupción que se detecta na adxudicación de obra nos procesos de reconstrución das zonas en conflito é un dos principais asuntos que recolle o Informe sobre a Corrupción Global 2005 elaborado pola ONG anglo-alemá Transparency International. O informe dedícalle un capítulo especial á reconstrución de Iraq, que a cualifica como "o maior escándalo de corrupción da historia" e outro á xestión das axudas nos países afectados pola tsunami. A ONG elixe tamén media ducia de "monumentos de corrupción" no mundo, como o proxecto hidroléctrico de Yacyreta, entre Arxentina e Paraguai, e a construción dunha central nuclear nas Filipinas. Entre a listaxe dos 38 países que o informe analiza máis polo miúdo non está icluído o estado español.

- 11:44 16/03/2005
Tags:


0/5 (0 votos)