No rexistro estatístico dos últimos trinta anos non se atopa referencia de tan pouca choiva no inverno galego coma neste ano. A seca prolongada aumenta o risco de incendios nos montes e acelerou o traballo do chamado "comité de coordinación policial antiincendios", que determinou dispositivos especiais de vixiancia e prevención e mesmo se prepara o adianto a Semana Santa da participación do exército nos labores de extinción. Lembrámoslles que cando axentes forestais e ecoloxistas insisten en que "os lumes apáganse no inverno" refírense a outra cousa: á apertura de foros de traballo multidisciplinares para o debate e deseño de estratexias. Non temos noticia de que a Xunta cavile en nada parecido.