A convicción do alto número de incendios que son provocados, pesou tamén na creación á fin, o pasado mes de febreiro, dun comité de colaboración entre a Xunta e a fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, co obxetivo de deseñar a actuación na "represión e prevención dos delictos ambientais".
Ao fío dese comité e na liña do convenio asinado pola Xunta e o fiscal xeral do Estado, inciouse a achega aos fiscais dos mecanismos de funcionamento do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais da consellería de Medio Ambiente: liñas de traballo, bases de datos, plans Infoga, estudos sobre as causas do lume e información relacionada.
Así, a loita contra os incendios vía persecución dos pirómanos ocupará espazo de privilexio nos proxectos de formación dos fiscais e de creación de grupos mixtos entre a administración e a fiscalía dentro do programa de medidas que debería "axilizar trámites e procedementos en todos os delictos ambientais".