Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRECAMPAÑA 2005

Baltar confirma que Feijoo non encabezará a lista por Ourense

"Un bo profesional" que agora mesmo "non está en política" é segundo o presidente da Deputación de Ourense o seu candidato para ir á fronte da lista do PP pola provincia. Xosé Luis Baltar descartou ao seu fillo, ademais de ao vicepresidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijoo. Meses antes, a crise popular confirmaba tamén a saída da política á fin da lexislatura da anterior número 1, a vicepresidenta do Parlamento, Inmaculada Rodríguez. Ao respecto do criterio de Manuel Fraga sobre a súa escolla, Baltar precisou que "a el vaille parecer ben o que eu lle propoña. Nós temos a nosa telepatía". Lembrámoslles que a plena autonomía na confección das listas foi unha das súas esixencias para frear a ameaza de escisión.

  • No escáner: está esgotado o dominio do PP en Galiza?

  • - 07:59 15/03/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)