Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CATRO OBRAS GALEGAS DESPUTAN GALARDÓN

"Alento" opta ao premio á mellor obra revelación nos premios Max das artes escénicas

A compañía coruñesa Nova Galega de Danza foi a obra seleccionada en Galiza para competir na categoría de "Mellor Espectáculo Revelación" con obras de toda a península, unha por comunidade autónoma. Á beira, Eduardo Alonso, por "Ensaio"; Vicente Montoto, por "Pallasos", e José Luis Prieto, por "Fobias", son candidatos a "Mellor autor teatral en galego" na oitava edición dos Premios Max, que este luns se entregan en Guadalaxara.

- 10:04 14/03/2005
Tags:

Seis bailaríns, tres homes e tres mulleres, e seis músicos, gaita saxo, guitarra, percusión, violín e acordeón, compoñen a coreografía artística que despregan no escenario "Nova Galega de Danza" no seu proxecto "Alento". Dende a tradición coma referenza cara a globalidade e as novas formas de expresión, a compañía ten nos escenarios dende o 2003 este seu primeiro espectáculo deseñado por ente Colomer e Jaime Día, con música de Xosé Lous Romero e Pedro Lamas.

A representación galega nos premios da Sociedade Xeral de Autores, que se entregan este luns en Guadalaxara, complétana os catro autores que desputan o premio ao mellor autor teatral galego. Un deles, José Luis Prieto, xa acadar un Max na edición do 2003, nunha gala que acolleu a cidade de Vigo, coa obra "Monólogo do Imbécil". Os Max serven de recoñecemento para os mellores espectáculos estreados entre outubro do 2003 e setembro do 2004.

"El Mètode Grönholm", do Teatre Nacional de Catalunya – Anexa; "La Cena, de Taller 75 e "Sobre Horacios y Curiacios", compiten na categoría ao mellor espectáculo de Teatro.


Ligazóns

0/5 (0 votos)