Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME DA UNIÓN PARA AS LIBERDADES CIVÍS

A responsábel do cárcere de Abu Ghraib recoñece que había nenos prisioneiros

A Unión de Liberdades Civís de EEUU, ACLU, publicou uns documentos do pentágono que recollen as investigacións e interrogatorios realizados aos militares do exército estadounidense responsábeis do cárcere de Abu Ghraib, escenario das torturas e abusos a prisioneiros iraquís. Neses documentos constan as declaracións da xeneral Janis Karpinski que recoñece que falou cun interno que lle dixo "que non tiña máis de 12 anos". Amais Karpinski revelou que o xeneral Walter Wodjakowski, o daquela número dous do ército estadounidense en Iraq, dixéralle a mediados do ano 2003 que non liberase máis prisioneiros, mesmo se eran inocentes. Segundo Karpinski, o xeneral chegou a dicirlle: "non me importa se estemos retendo 15.000 civís inocentes. Estamos gañando a guerra".

- 13:41 11/03/2005
Tags:

Os textos revelan ademais que oficiais de intelixencia militar e da CIA pactaron como "ocultar" a "detidos fantasma", é dicir, aqueles que non se rexistraban en ningún documento e escapan ao control dos observadores internacionais e das organizacións humanitarias, como a Cruz Vermella Internacional.

A ACLU conseguiu estes documentos, que forman parte de investigacións realizadas polo Pentágono, a través dunha demanda que presentou para investigar os abusos acolléndose á lei de liberdade de información.

A revelación destes informes coincide coa presentación por parte do Pentágono dun documento no que exculpa aos altos mandos militares de EEUU dos abusos aos prisioneiros detectados en Iraq, Afganistán e Guantánamo.


0/5 (0 votos)