Laza, Baños de Molgas, Lobios, Xunqueira de Espadañeda, Nogueira de Ramuín, Muíños, Viana do Bolo, Verea... o lume prende estes días nos montes a pé de varios concellos galegos, non só na provincia de Ourense aínda que si principalmente nas comarcas do sur do país. Só nos últimos tres días, e segundo as cifras oficiais da Consellería de Medio Ambiente, cando menos 50 hectáreas arderon na zona da Limia. A última hora do xoves aínda ardían áreas arboladas en Salvaterra e en Avión.