Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS ELECCIÓNS SERÁN A FINAIS DE OUTUBRO, SEGUNDO O PRESIDENTE DA XUNTA

Fraga anuncia que pensa esgotar a lexislatura

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, anunciou que as eleccións autonómicas "faranse dentro dos prazos" establecidos, é dicir, a finais do mes de outubro deste ano. Fraga non quixo precisar o día concreto dos comicios, pero manifestou que nos últimos meses tivo momentos nos que "puiden aproveitar" para adiantar as eleccións, pero non o fixo porque "creo que non estamos para iso". Estas declaracións de Fraga non teñen "credibilidade" para o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, quen asegura que o presidente da Xunta "ten reiteradamente demostrado que é un político sen palabra, polo que non dubidará en cambiar a data dos comicios autonómicos que agora anuncia se considera que beneficia ao PP e así mesmo, porque Fraga só pensa en Fraga e non no que máis interesa a Galiza". Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, asegurou, en relación co anuncio de Fraga, que o que queda por diante "son seis meses máis de tempo perdido" e de "desgoberno", dos que responsabilizou ao propio Fraga.

- 13:52 10/03/2005
Tags:

Durante a rolda de prensa de prensa posterior ao Consello da Xunta, Fraga mostrouse a favor de que a reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral prevista polo goberno español non entre en vigor até despois das eleccións galegas, "porque isto non se improvisa". A reforma da LOREG prevé que os emigrantes poidan votar en urnas instaladas nas embaixadas, consuladas ou centros da emigración e teñan que acreditar a súa identidade para facelo. Fraga lembrou que o goberno Aznar ampliou o censo de residentes ausentes, CERA, que "antes estaba enormemente restrinxido" e explicou que, canto máis se incrementa, "máis difícil é chegar aos interesados".

A Xunta retírase ao mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil
Sobre o "retiro" que o goberno da Xunta realizará entre o 18 e o 20 de marzo no mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil, Fraga afirmou que o aproveitarán para "traballan vendo o que pode ser mellorábel", aínd aque insistiu en que "se est´ça facendo ben a xestión da comunidade galega". Afirmou que o seu equipo de goberno está "en plena unidade" neste momento, porque "se non, non sería o seu presidente". Ademais. Cualificou de totalmente falso que na administración autonómica existan casos de corrupción.

Críticas a Touriño
O presidente da Xunta criticou tamén que o secretario xeral do PsdeG, Emilio Pérez Touriño, cualifique de "perdidos" os últimos catro anos de goberno Fraga, porque entende que "nin a el mesmo lle parece iso". "Para el si foron perdidos, porque el xa foi derrotado nas anteriores eleccións", retrucoulle.

"Un problema de moitos voltios"
Respecto das opinións do grupo de científicos que compareceron na comisión de investigación do Prestige que afirmaron que a decisión de afastar o petroleiro foi un erro e lugar elixido para o afundimento, "o peor dos posíbeis", Fraga contestou: "quero que alguén me diga: eu levaríao a tal sitio. Cando me dean esa resposta, volverei contestar esa pregunta". Neste sentido, considerou que "envelenar unha ría" ao levar o Prestige até alí, provocaría "un problema para limpalo de moitos voltios".


0/5 (0 votos)