A xornalista italiana Giuiliana Sgrena acusou o exército estadounidense de abrir fogo contra ela e o seu convoio a mantenta e sen solicitar a súa identificación. O coche de Sgrena recibiu 300 disparos, que lle causaron a morte o axente da intelixencia italiana Nicola Calipari. Sgrena, xornalista do diario comunista Il Manifesto, fora secuestrada en Bagdad e dirixíase cara ao aeroporto logo da súa liberación. O exército estadounidense escusouse sinalando que o convoio da italiana ía a demasiada velocidade, algo que Sgrena nega. A Fiscalía de Roma abriu unha investigación oficial. O vindeiro mes de abril faranse dous anos do asasinato do cámara galego Xosé Couso, sen que ata o de agora exista unha explicación satisfactoria. Este martes haberá unha concentración en Madrid.
• Máis información na BBC ou na Repubblica.
• Anteriores: Demite un xefe da CNN logo de criticar os ataques a xornalistas do exército USA