Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORO DE INMIGRACIÓN

Solicitan que se amplíe o prazo para a regularización de inmigrantes

O Foro da Inmigración solicita unha ampliación do prazo previsto para o proceso de regularización dos inmigrantes e denuncia que a consideración do certificado de empadroamento municipal como único documento válido para acreditar a estancia no territorio do estado español desde agosto de 2004 "deixa fóra do proceso de forma inxusta a moitas persoas que non se empadroaron no seu momento". O Foro pide tamén que se abran oficinas de recepción de documentación nas principais cidades e vilas de Galiza para facilitar os trámites de regularización.

- 12:01 03/03/2005
Tags:

Comunicado do Foro da Emigración


O Foro de Inmigración, constituido polas asociacións e organizacións que se relacionan abaixo, en relación co Proceso de Regularización que se está a a desenvolver na actualidade quere facer público o seguinte comunicado:

Considerando que o Proceso de Regularización é positivo na medida en que pode resolver a situación de inxustiza que sufrían moitas persoas estranxeiras, pensamos que presenta certas carencias e dificultades que poderían subsanarse para que efectivamente puidera cumprir os obxectivos que a propia administración establece:

1.- A consideración do certificado de empadroamento municipal como único medio de probatura da estancia en territorio español alomenos dende o 7 de Agosto de 2004, deixa fora do proceso de forma inxusta a moitas persoas que non se empadroaron no seu momento por dificultades para facelo (alugueres non legalizados en pisos compartidos, situación moi común entre a poboación imigrante por exemplo) ou polo propio medo que a reforma lexislativa consesuada polo PP e PSOE a finais do ano 2003, na que se permitía ó aceeso directo da policia ós padróns municipais, introduciu na poboación inmigrante. Por outra banda, outros documentos públicos dos que pode dispoñer a poboación inmigrante: solicitudes de Nies, de Tarxetas da Seguridade Social, ofertas de traballo ou outras solicitudes presentadas diante das propias oficinas de estranxeiría, certificados de estudios directos ou de fillos-as a cargo, etc , teñen idéntico valor probativo. As organizacións que conformamos este Foro, só na zona de Santiago temos xa constatado máis dun cento de casos de persoas e polo tanto de familias que van quedar fora deste proceso, residiendo e traballando en España dende antes do 7 de Agosto de 2004, senón se flexibliza este requisito.

2.- Outra cuestión moi importante, que xa temos revindicado noutras ocasións é a apertura de oficinas de recepción de documentación en Santiago de Compostela e noutras cidades e vilas, especialmente das provincias de A Coruña e Pontevedra. Trátase facilitar a presentación das solicitudes por parte dos e das empregadores/as.

3.- Por último, a marcha do propio Proceso impón de forma clara a necesidade de ampliar o tempo previsto. Tres meses son moi pouco tempo, sobretodo se as solicitudes dependen exclusivamente dos e das empregadores/as ou empresarios-as.

Organizacións que conforman o "Foro de Inmigración": Asociación Amarante. Asociación Chambo. Asociación de inmigrantes Gondwana. Asociación de Argentinos en el Exterior. Asociación Plataforma polo Emprego. Attac-Compostela. Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia. Centro Traballo e Cultura-Cáritas Interparroquial Santiago. Cite-CCOO. Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia. Comisión de Migración do BNG. Comite Óscar Romero de Santiago de Compostela. Coordenadora Diocesá de Acción Católica. Cruz Vermella. CUT. Departamento de Migración da CIG. Esquerda Unida-Izquierda Unida. Foro Debate e Acción. Asociación Galicia Acolle. Inzar. Juventudes Marianas Vicencianas. Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas., Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña. PsdeG- PSOE-Santiago. Seminario Galego de Educación para a Paz. UXT. Voluntariado Rogas.


0/5 (0 votos)