Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HUMAN RIGHTS WATCH E A UNIÓN DE LIBERDADES CIVÍS

Demanda contra o secretario de Defensa USA polas violacións ao dereito internacional

No nome de oito das presuntas vítimas das torturas realizadas polo exército estadounidense, dous grupos defensores dos dereitos humanos presentaron a que é a primeira denuncia nos tribunais por este motivo contra un alto cargo da administración Bush. Os colectivos consideran que o secretario de Defensa, Donald Rumsfeld, ten responsabilidade directa nos nos abusos dos militares en Iraq e Afganistán. Antigos funcionarios do goberno e oficiais do exército xa xubilados apoian esta acción legal. A nova chega ademais, pouco despois da presentación do informe oficial sobre dereitos humanos do propio goberno estadounidense, que subliña especialmente a situación nos países do "eixo do mal" e evita pronunciarse sobre as denuncias no propio país, entre outras as realizadas sobre Guantánamo.

  • Poden ampliar nas webs de Human Rights First e a Unión de Liberdades Civís

  • - 10:30 03/03/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)