Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVIDADO Á INVESTIDURA

A sétima visita de Fraga ao país

Convidado á toma de posesión de Tabaré Vázquez, van sete ocasións nas que o presidente da Xunta visita o país coa maior porcentaxe de cidadáns de orixe galega respecto ao total da poboación, uns 300 mil. Ao tempo, segundo Emigración o número de emigrantes galegos censados é duns 36 mil.

- 09:42 01/03/2005
Tags:

Fraga, quen tamén asistira hai xa dez anos a outra toma de posesión dun presidente uruguaio, daquela a do conservador Julio María Sanguinetti, ten previstas xuntanzas co Consello de residentes Españois e con representantes dos colectivos galegos do país.

Ao tempo, asistirá á sinatura dun convenio de colaboración que integra á Fundación Galiza-Emigración, a Intendencia Municipal de montevideo, o Centro Galego de Montevideo e a Unión de Sociedades Galegas.


0/5 (0 votos)