Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANTOLOXÍA DA POESÍA FEMININA GALEGA DO SÉCULO XX

Traducen ao ruso unha escolma de poetas galegas

O Centro de Estudos Galegos da Universidade Estatal de San Petesburgo acaba de publicar unha escolma de poesía galega escrita por mulleres traducida ao ruso. O libro recolle unha antoloxía, en edición bilingüe galego/ruso, da producción de 24 poetas, desde María Mariño a María Lado, e ofrece un percorrido pola poesía feminina do século XX. Este é o noveno volume da Antoloxía da Literatura Galega realizada polo equipo coordinado por Elena Zernova. O novo libro comeza cun limiar de Helena González, crítica e colaboradora de Vieiros Barcelona, e leva o título "Compañeira tristeza", que lembra un dos poemas de Pura Vázquez.

- 10:54 28/02/2005
Tags:

O novo volume presenta un panorama histórico da poesía feminina galega do século XX (24 poetas, 4 poemas cada unha). A obra recolle a produción das seguintes poetas:

1. María Mariño
2. Pura Vásquez
3. Luz Pozo Garza
4. Xoana Torres
5. Helena Villar Janeiro
6. Marica Campo
7. Chus Pato
8. Pilar Pallarés
9. Luisa Villalta
10. Medos Romero
11. Isolda Santiago
12. Xela Arias
13. Ana Romaní
14. Helena de Carlos
15. Anxos Romeo
16. Marta Dacosta
17. Luisa Castro
18. Estébaliz Espinosa
19. Olga Novo
20. María do Cebreiro
21. Emma Couceiro
22. Iolanda Castaño
23. Emma Pedreira
24. María Lado


0/5 (0 votos)