Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PALMOU PEDIU O APOIO DO PARLAMENTO PARA O PROXECTO DE LEI

A Xunta dará vía libre esta semana á creación da nova Policía Autonómica

O Consello da Xunta do vindeiro xoves, día 24, dará vía libre ao proxecto de lei da Policía Autonómica que permitirá a creación do futuro corpo policial galego. Así o anunciou o conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou, no pleno do parlamento, ao tempo que reclamou o apoio da cámara para impulsar o "consenso e o diálogo" co ministerio do Interior e desenvolver a Lei da Policía Autonómica do xeito "máis eficaz posíbel" e co "menor custo" para as administracións.

- 13:34 22/02/2005
Tags:

A futura policía autonómica terá como competencias a de vixiar, inspeccionar e controlar as empresas de seguridade privada; vixiar e controlar o tráfico nas vías interurbanas de Galiza e exercer como policía xudicial en casos de violencia doméstica ou a menores. Palmou asegurou que a Xunta garantirá que todos os seus membros coñezan e usen a lingua galega.

Os grupos nacionalista e socialista mostráronse dispostos ao diálogo, pero reclamaron "melloras significativas" na lei e un "modelo integral" semellante ao de Cataluña. O deputado do BNG, Alberte Xullo Rodríguez Feixoo, solicitou a creación dunha comisión parlamentaria para que o proxecto de lei da Policía Autonómica se poida aprobar antes de que remate a lexislatura.


0/5 (0 votos)