Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAPITAL EUROPEA DA CULTURA 2005

Espazo galego na Semana Internacional da Cultura de Cork

"Contribuír á unión dos pobos de Europa" é lema do proxecto de Cidade Europea da Cultura de Cork, que durante este ano 2005 asome ese título cun amplo programa de actividades. Ao fío contámoslles que dende este luns, celébrase aló a segunda edición dun evento multicultural que inclúe concertos, feira gastronómica e mesmo campionato de fútbol sala. O leitorado galego na universidade fornecerá o espazo de Galiza no encontro.

- 12:03 21/02/2005
Tags:

"Cork é unha fermosa cidade, oculta e inesperada, descobríbel só moi lentamente polos visitantes que paran un intre para explorar os seus recantos e galerías, as tendas, os pubs, os parques. É unha pequena cidade en termos europeos, pero co seu propio centro de gravidade espiritual e político, segundo a vida irlandesa", véndennos os promotores da capitalidade europea da cultura da que é por tamaño a segunda cidade da República de Irlanda, con arredor de 120 mil habitantes.

"Por centos de anos Cork foi unha cidade para a literatura, a música, e tamén para o cinema. Agora e coincidindo con este histórico momento desenvolve novas narrativas culturais". Un amplo programa de actividades en todos os campos acompañarán o descubrimento dunha cidade que se renova "para darse a coñecer a Europa". Na web oficial detállase o programa cultural para todo o ano e hai información de interese sobre viaxe e aloxamento.


Ligazóns

0/5 (0 votos)