Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MENOS MULLERES INTERNAUTAS

A fenda dixital tamén é de xénero en Galiza

Ata catro puntos por baixo aparece a taxa de mulleres que se conectan a internet respecto á dos homes no último estudio realizado polo INE ao respecto. O informe que vén de presentar a Comisión Europea subliña as eivas no acceso á rede da muller, malia os avances nos últimos anos.

- 10:14 17/02/2005
Tags:

Témoslles contado da ampla fenda dixital que as estatísticas amosan en Galiza respecto ás medias tanto estatal coma europea do acceso á sociedade da información. A peneira deses datos por xénero amosa aínda resultados máis baixos cando se refire ao acceso da muller ás novas tecnoloxías.

Sobre a porcentaxe do total de persoas que usaran o computador nos últimos tres meses, a enquisa máis recente do INE sinala que un 10% menos de mulleres utilizaran ferramentas informáticas, nunha diferenza que é aínda máis pronunciada no contorno rural.

A última análise do Eurostat sinala a nivel da UE un aumento do uso da rede entre as mulleres do 28,5% ao 39% nos últimos tres anos. No caso dos homes, o aumento foi do 40,5% ao 48% nese período. O Estado español ofrece as diferenzas máis extremas neste indicador entre homes e mulleres: un 40% de homes dixeron conectarse a internet fronte a un 29% de mulleres. A Comisión destaca a importancia das novas tecnoloxías como parte dos programas de loita contra a exclusión social e recomenda deseñar medidas que corrixan a situación.

No anterior estudio do INE, as diferenzas quedaban coma segue:

Internet:
Perfil de usuario – 41,0% de mulleres
Taxa de penetración – 19% entre as mulleres (28,8% en homes)

Porcentaxe de persoas que se conectaron á internet en Galiza (datos 2002)
Mulleres - 14,57
Homes - 20,37

Porcentaxe de persoas que realizaron algunha compra pola internet en Galiza (2002)
Mulleres – 0,73
Homes – 2,15

Porcentaxe de usuarios de móbil en Galiza
Mulleres – 38,32
Homes – 51,99

Porcentaxe de persoas que usan computador en Galiza
Mulleres – 22,02
Homes – 28,99


Ligazóns

0/5 (0 votos)