Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CANDO MENOS 10 MORTOS NO ATENTADO

Morre nun atentado o ex-primeiro ministro libanés Rafik Hariri

O ex-primeiro ministro libanés Rafik Hariri morreu xunto con 9 persoas máis a consecuencia do estoupido dun coche bomba no centro de Beirut. Entre a máis dunha ducia de feridos está o ex-ministro de economía, Mazen Freiha, que foi transladado ao Hospital da Universidade Americana de Beirut co corpo cuberto de graves queimaduras. Hariri, musulmán suní de 60 anos, demitiu o pasado mes de outubro despois dunha crise de goberno.

  • Máis información na BBC e Al Iasira

  • - 16:10 14/02/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)