Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XORNADA DEPORTIVA

Gales empata coa selección española de rugbi en Ourense

As seleccións de rugbi de Gales e España empataron a dez goles nun partido vibrante pertencente á segunda tirada do Seis Nacións feminino. Cada equipo tivo unha parte para si. Dous ensaios, un nos primeiros segundos e outro mediada a primeira parte, puxeron o partido en clara vantaxe para as españolas, que porén se viron superadas no segundo tempo polo máis incisivo xogo das galesas, que transformaron un ensaio e un golpe franco. Nos últimos segundos España aumentou a presión, pero ningún tanto puido subir ao marcador. Sobre a herba do estadio do Couto estivo a primeira liña lalinense Rocío Eiras, que milita no ARV Ourense, e nas bancadas dous milleiros de espectadores. Era a primeira vez que se cantaba o himno de Gales nun campo de rugbi de Galiza. A tirada deportiva complétase con outras dúas citas importantes: a proba viguesa da Copa do Mundo de saltos e a I Copa Galiza de caiac extremo, que se desputará en Palas de Rei. Consulta aquí todos os encontros da xornada.

- 08:07 14/02/2005
Tags:

RESULTADOS DA XORNADA DEPORTIVA

Balonmán
Teucro - Ciudad Real: 22-33
Cangas Frigoríficos do Morrazo - Bidasoa Irún: 25-27
Pilotes Posada - Fadesa A Coruña: 32-29

Básquet
Universitat de Barcelona - Extrugasa: 86-61
Hondarribia Irún - Celta Vigourban: 57-56
Yaya María - Arranz Acinas: 68-71
Caja San Fernando - Leite Rio: 81-83
Polaris World Murcia - Ourense: 71-63

Fútbol
Valencia - Deportivo: 1-2
Celta - Sporting de Xixón: 1-0
Racing de Ferrol - Gimnàstic: 1-4
Elxe - Pontevedra: 2-0
Castillo - Celta B: 1-1
Universidad de As Palmas - Ourense: 1-0
Arteixo - As Palmas:
Occitania - Mónaco: 0-0 +

Fútbol sala
Coinasa O Parrulo - O Loureiro: 4-5
Celeiro Viveiro - Valladolid: 2-4
Obras y Estructuras - Leis S. Constucuatro: 6-6
Cadonsa Pinto - Fene Boandanza: 6-6
Gestesa Guadalajara - Peixes Rubén: 3-5
Bargas s. XXI - Ourense F.S.: 1-0

Hípica. Copa do Mundo de Saltos
1. Tina Lund (Dinamarca),
2. Lars Nieberg (Alemaña)
3. Ludo Philippaerts (Bélxica)

Hóquei a patíns
Lleida Lista - Liceo Vodafone: 1-0
Vigo Stick Atlántico - Choleck Voltregá: 4-2
EMH Cee - Larena Macarena: 1-2

Hóquei herba
Terrassa - Ourense Bule Bule: 3-1

Piragüismo. Copa Galiza de Caiac Extremo
1. Edu Etxeberria (N. San Sebastián)
2. Igor Juanikorena (N. San Sebastián)
3. Guillermo Guridi (P. Santander)
4. Manuel Freiría (Arrepións)

Rugbi
Seis Nacións masculino
Italia - Gales: 8-38
Escocia - Irlanda: 13-40
Inglaterra - Francia: 17-18
Seis Nacións feminino
España - Gales: 10-10
Escocia - Irlanda: 15-5
Inglaterra - Francia: 10-13

Voleibol
Vigo Valery Karpin - Arona Playa Las Américas: 2-3
Alvemaca Excentric - A.D. A Pinguela: 3-0


Ligazóns

0/5 (0 votos)