Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVOS PROXECTOS

Burla Negra reabre o debate en Nunca Máis e lanza 'Hai que botalos'

A Plataforma contra a Burla Negra vén de anunciar a presentación dunha proposta de reorganización dentro da Plataforma Nunca Máis e a creación dunha producción audiovisual colectiva, configurada por varias curtametraxes de producción propia, destinada a reflectir a realidade política e social galega de cara ás eleccións autonómicas. Trátase de Hai que Botalos!.

- 12:58 09/02/2005
Tags:

Hai que Botalos! reúne a actores e actrices, directores, productoras, etc. galegos implicados na "necesidade dun cambio político" nas próximas eleccións autonómicas. Para denunciaren a situación do país en canto a servizos sociais, infraestruturas, etc. os membros de Burla Negra recurriron ao traballo voluntario de xento do audivisual que se comprometeu na realización de curtametraxes e que asumiu a producción da mesma. Trátase, polas súas características, dun proxecto pioneiro en Galiza, para o que se conta coa participación de, entre outros, Mabel Rivera, Quico Cadaval ou Luís Tosar, entre outros.

Na web de Arredemo, unha rede de acción e difusión social e cultural, Burla Negra anuncia a presentación ante a xestora da Plataforma Nunca Máis dunha serie de posibilidades organizativas dentro da plataforma, orientada "a reabrir o debate" dentro da mesma. Ademais de contemplar as diversas posibilidades de asociación, o documento de Burla Negra incorpora as impresións de diversos membros do movemento social entrevistados a finais de 2004.


0/5 (0 votos)