Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME SOBRE A SITUACIÓN

A ONU denuncia o ataque ás liberdades no Nepal

"Deben restablecerse de xeito inmediato as institucións democráticas e garantir o respeto dos principios do estado de dereito e das liberdades fundamentais para poñerlle fin ao ambiente de impunidade no país". Unha comisión independente promovida polas Nacións Unidas vén de avaliar o acontecido no país asiático, denunciando as detencións de dirixentes políticos, líderes estudiantís e activistas a prol dos dereitos humanos, así como a censura aos medios de comunicación que só poden emitir baixo autorización militar. Lembrámoslles que o rei nepalí disolveu o goberno hai unha semana, poñendo ao executivo baixo arresto, asumindo todos os poderes e ordeándolle ao exército tomar as rúas da capital. A excusa: o fracaso das conversas de paz cos grupos rebeldes.

- 08:00 09/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)