O propio Ibarretxe será quen vaia a Madrid este martes en representación da cámara vasca para defender a proposta de reforma do Estatuto de Euscadi aprobada no Parlamento autonómico. O tripartito votou a prol de que unha única persoa integrase a delegación que estará no Congreso para o debate do plan, e ao tempo decidiu que o propio lehendakari asuma esa responsabilidade, mentres que o PP votou a favor de enviar tres representantes e o PSOE votou en branco. Á beira, representantes de todas as formacións parlamentarias vascas, agás Batasuna, acudirán coma convidados ao debate.