Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONSTITUCIONAL NON SUSPENDERÁ O DEBATE DA REFORMA ESTATUTARIA

Euscadi: escenario electoral "aberto" despois de que o Congreso rexeite o Plan

A posibilidade de adiantar as eleccións vascas, que se convocarían inmediatamente despois de que o Congreso rexeite a proposta de reforma do estatuto aprobada polo Parlamento vasco, foi avanzada polo presidente do PNV, Josu Jon Imaz. O lehendakari Ibarretxe insistiu en criticar a negativa do goberno central a abrir negociacións e recoñeceu cavilar mesmo en non promover o envío de delegación parlamentaria ao debate do próximo 1 de febreiro sobre o Plan.

- 12:13 27/01/2005
Tags:

"Diríamoslle á sociedade vasca que houbo unha acitude de bloqueo e que a súa voz nin sequera foi escoitada", declarou presidente do PNV, "É evidente que en poucas semanas teríamos un escenario electoral e que a sociedade vasca tería que dar voz e opinión sobre esa postura pechada na que PP e PSOE se están mantendo", advertiu Josu Jon Imaz. O mes de abril podería acoller xa as eleccións autonómicas vascas, segundo a ETB, que cita fontes de Europa Press. Ao respecto, dende Batasuna, Joseba Permach advertiu dos obstáculos que un adianto electoral lle podería poñer á volta da formación á legalidade.

Pola súa parte, o lehendakari insistiu este mércores, en entrevista en Telecinco, que non se lle pode dar "un portazo" ao proxecto de reforma estatutaria aprobado no Parlamento vasco. Ibarretxe cualificou de "antidemocrática" e mesmo "anticonstitucional" a actitude mantida ao respecto por PP e PSOE.

A xeito de protesta polo silenzo do Constitucional á petición para que se suspenda o debate pola negativa a negociar, o tripartito vasco cavila non asistir á sesión do Congreso o próximo 1 de febreiro. Deste xeito, PNV, EA e IU non votarían a prol do envío de delegación parlamentaria a Madrid, delegación na que de ir os tres delegados posíbeis, podería acceder tamén un representante da oposición, e na que cavilou ir o propio lehendakari, na defensa do plan de reforma do Estatuto.


Ligazóns

0/5 (0 votos)