Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FÓRUM SOCIAL MUNDIAL

O pluralismo e as alternativas informativas diante do pensamento único

"Outro mundo só pode ser construído ollando a realidade doutras formas". E con esa meta, entre as preocupacións das persoas e colectivos que traballan arredor do Foro Social Mundial, en Porto Alegre, está o debate sobre "a outra comunicación posíbel". Así, para o diálogo e intercambio de propostas celébrase no día anterior á apertura o chamado Fórum da Comunicación.

- 09:56 25/01/2005
Tags:

"Os diarios enturban a súa identidade , desvalorizan o título e poñen en marcha unha engranaxe diabólica que ninguén sabe no que rematará", advirte o xornalista galego Ignacio Ramonet no último editorial de Le Monde Diplomatique, baixo o título "Medios de Comunicación en Crise".

Ramonet intervén este martes no panel "Sociedad Civil, Información y Comunicación", dentro do Fóro da Comunicación da xornada previa ao Foro Social Mundial. Na opinión que vén sostendo quen tamén promoveu e dirixe o chamado "Observatorio Global de Medios", esta crise mediática "tamén ten causas internas, que obedecen principalmente á perda da credibilidade da prensa escrita". A toma de control nos medios por parte de "grupos industriais en connivencia co poder político" e a "paricialidade, falta de obxectividade, mentira, as manipulacións, non cesan de aumentar", denuncia.

Entre as preocupacións do foro está ademais o propio debate sobre a cobertura do Fórum Social Mundial e a forma de garantir que "a mensaxe do Fórum para o mundo non sexa de dispersión" ao tempo que acade o impacto necesario así coma "espertar sinerxias entre os comunicadores que loitan por outro mundo posíbel".


Ligazóns

0/5 (0 votos)