"Hai que dicilo para a nosa vergonza, esta barbarie repetiuse dende 1945". Os sucesos en Sudán, Iugoslavia, Ruanda ou Camboia foron lembrados no discurso do secretario xeral das Nacións Unidas, durante a conmemoración que as Nacións Unidas fixo da liberación hai 60 anos dos campos de concentración nacis onde seis millóns de xudeus foron asasinados. Kofi Annan pediu, diante de sobrevivintes daquela traxedia, que os gobernos estean alerta fronte "ás novas formas de nacismo que hoxe ameazan no planeta".