Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PREMIO ENTREGARASE O 28 DE XANEIRO

Xela Arias e Moisés R. Barcia, premios de tradución "Plácido Castro"

Xela Arias, a título póstumo, e Moisés Rodríguez Barcia foron os gañadores da cuarta edición do Premio de Tradución que convoca a Fundación Plácido Castro. O xurado, reunido en Baiona e presidido por Rosario Álvarez Blanco, decidiu outorgar os galardóns a Xela Arias pola tradución de O Spleen de Paris de Baudelaire e a Moisés Rodríguez Barcia pola tradución de Do asasinato considerado como unha das belas artes de Thomas de Quincey. Moisés R. Barcia é o coordinador do Cartafol de Libros de Vieiros.

- 18:08 16/01/2005
Tags:

O xurado destacou a calidade literaria de todas as traducións presentadas e a calidade, moi relevante, das obras premiadas.

É a segunda vez que se falla ex aequo este Premio, dotado con 3.000 euros e único no seu tipo en Galicia. Na primeira edición recaeu en Lois Tobío e Valentín Arias. Xesús Riveiro Costa, e Enma Lázare foron os gañadores das dúas anteriores edicións.

O premio será entregado o próximo 28 de xaneiro en Vilagarcía de Arousa. Igualmente, a Fundación convoca en Vigo a VI Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará o próximo 25 de xaneiro, coincidindo co natalicio do autor, na Casa Galega da Cultura, para abordar o significado de P. Castro no panorama da tradución en Galicia.


0/5 (0 votos)