O treito sur da AP-9 é o de maior volume de tráfico da autoestrada atlántica e ao tempo, tamén o que sofre das peaxes máis caras. Exemplo é a viaxe Vigo-Pontevedra, o dobre de caro que entre Coruña e Santiago. Contra esa situación protestou este martes o presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Antonio Fontenla, quen pediu que se iguale o custo por quilómetro en todo o país. Ao respecto tamén se queixaron o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, e o presidente da confederación provincial de empresarios, que esixiron rebaixas na peaxe. Por outra banda, Ismael Rego, do PSdeG, acusou a Xunta de "converter infraestructuras públicas necesarias en negocios privados", advertindo contra a posibilidade de que nas futuras autovías no Salnés e o Barbanza, Santiago-Noia ou Celanova-Portugal se apliquen peaxes coma nos treitos do Val Miñor e Coruña-Carballo. Nun comunicado, Política Territorial di que o PSOE quere "confundir aos cidadáns" e asegurou que serán "totalmente gratis".