O lehendakari Juan José Ibarretxe defendeu a "total lexitimidade" do proxecto de Novo Estatuto para Euscadi aprobado polo parlamento vasco e anunciou que "agora se abre unha nova fase de negociación e diálogo" cos grupos parlamentarios vascos e o goberno español. Nunha rolda prensa, Ibarretxe advertiu que a "vontade da sociedade vasca non vai ser nunca substituída pola do PP e a do PSOE". Amais insistiu en que o Novo Estatuto será sometido a referendo no territorio da comunidade autónoma "en ausencia de violencia", ou sexa, cando ETA abandone definitivamente as armas.