Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN IBARRETXE

O PP pídelle a Zapatero que non reciba a Ibarretxe

"É un acontecemento moi grave que un Parlamento rexional aprobase un proxecto de ruptura da unidade do territorio de España e que o fixese cos votos dunha organización terrorista". Eran palabras do secretario executivo de Liberdades Públicas e Seguridade e Xustiza do PP, Ignacio Astarloa, ao comunicar a postura oficial do partido fronte á aprobación do plan Ibarretxe no parlamento vasco. "O PP non vai participar en ningunha negociación sobre un plan rigorosamente inconstitucional e ilegal, advertiu Astarloa, ao tempo que lle pedía ao PSOE algo máis ca "retórica" para responder a este paso. "Hai que poñerse no non, xa", declarou a presidenta do PP vasco, María San Gil, quen mesmo lle pediu a Zapatero que "non reciba" a Ibarretxe. O secretario xeral do PP, Ángel Acebes, estendeu a súa crítica ao "Plan López", en referencia á proposta alternativa do PSE-EE, opinando que "é entrar nun xogo que non convén".

- 12:36 03/01/2005
Tags:


Ligazóns

0/5 (0 votos)