Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN IBARRETXE

Cronoloxía: un debate que impulsará a campaña electoral

Logo de abrir en febreiro o novo período de sesións, a comezos de marzo estaría a data probábel para que o Congreso debata o proxecto de Estatuto aprobado no Parlamento vasco. Abril ou con maior probabilidade o inicio do mes de maio, acollerán a próxima convocatoria de eleccións en Euscadi. O plan de reforma do Estatuto proposto por PNV e EA, a oposición ao plan e as posíbeis alternativas, protagonizarían así a precampaña electoral.

- 12:47 03/01/2005
Tags:

  • Algunhas datas chave no proceso:

    27 de setembro de 2002
    Ibarretxe abre a escena política logo do verán coa proposta no Parlamento vasco dun pacto político que se basee na libre asociación de Euscadi ao Estado. Durante os meses seguintes preséntalle o esquema da proposta aos cidadáns, a colectivos diversos, sindicatos e partidos. Só o PP se opón a reunirse co lehendakari.

    Decembro de 2002
    O xornal Gara publica un comunicado de ETA no que os terroristas subliñan a súa oposición ao plan por atopárenlle "as mesmas carencias que o anterior Estatuto".

    Setembro de 2003
    Un ano despois de anunciar o proxecto, Ibarretxe propón abrir a negociación co executivo central e anuncia a intención de convocar un referendo sobre o novo Estatuto para o ano 2005. A votación, segundo a proposta do lehendakari, só se realizaría unha vez que ETA deixase as armas. Pouco despois, o consello de goberno aprobaría o documento completo.

    13 de novembro de 2003
    Comeza a ofensiva xudicial do entón goberno do PP coa presentación no Constitucional dunha impugnación contra o comezo do trámite da reforma estatutaria. Anteriormente, a deputación de Araba, en poder dos populares, presentara recurso no Tribunal Superior Vasco.

    Decembro de 2003
    A maioría absoluta do PP aproba en solitario a reforma do Código Penal segundo a cal a convocatoria de referendo que cavila Ibarretxe sería delicto, establecendo pena de ata cinco anos de cárcere para os organizadores. A comezos de mes, EB-IU presentara o primeiro documento alternativo á reforma estatutaria de PNV-EA.

    Febreiro do 2004
    Batasuna presenta a súa proposta alternativa ao plan Ibarretxe.

    Abril do 2004
    O Constitucional anuncia que non se admite a trámite a impugnación ao plan realizada polo goberno.

    Decembro de 2004
    Os socialistas vascos presentan a súa proposta de reforma estatutaria ao tempo que propoñen unha mesa de partidos, a semellanza do modelo catalán, para consensuar a reforma antes de levala a votación ao Parlamento.


  • 0/5 (0 votos)