O deseño e a promoción de novos mecanismos supramunicipais que contribúan a aumentar a calidade na prestación de servizos aos cidadáns é unha das preocupacións do goberno galego fronte ao "pacto de Estado" con Fegamp e Femp que o executivo agarda conseguir. Evitar o "minifundio municipal" e avanzar no desenvolvemento de entes supramunicipais como consorcios ou mancomunidades sería preciso segundo a consellería de Xustiza toda vez que a fusión de concellos "que se plantexa desde hai anos como a solución máis idónea" aparece coma un proceso "moi lento". O goberno propón consensuar nun documento as posicións galegas fronte ás reformas necesarias.