Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIAN QUE EEUU E ARABIA SAUDÍ FREARON OS AVANCES NAS NEGOCIACIÓNS

Decepción ecoloxista polas conclusións do Cumio sobre o Cambio Climático

Os criterios de distribución dos fondos de adaptación ao Protocolo de Quioto entre os países menos desenvolvidos e o establecemento dun calendario de conversas sobre os compromisos de reducción de gases de efecto invernadoiro para alén de 2012 foron os principais asuntos debatidos na X Convención Mundial sobre Cambio Climático que rematou en Bos Aires. Logo de 12 días de negociacións, as organizacións ecoloxistas expresaron a súa decepción pola postura de EEUU e Arabia Saudí que "conseguiron frear a loita por controlar a emisión de gases contaminantes".

- 09:34 21/12/2004
Tags:

Os ecoloxistas cualificaron as demandas de Arabia Saudí de "lunáticas". De feito, segundo informan no Canal Solidario, Arabia Saudí, un dos países máis ricos do mundo. esixe parte do diñeiro deses fondos de adaptación previstos para os países máis pobres coa excusa do petróleo que deixarían de vender. De momento, xa conseguiu o compromiso do Cumio de que estudiará os problemas que se cren nos países da OPEP a raíz da reducción de gases de efecto invernadoiro. Segundo o voceiro de Greenpeace, Steve Sawyer, "é indecente que se pelexe por unha migallas mentres os países menos desenvolvidos do mundo teñen que enfrontarse a inundacións, secas e catástrofes".

Respecto do calendario de negociacións cara a compromisos máis alá de 2012, EEUU conseguiu que só se celebren encontros informais sobre políticas relacionadas co cambio climático, pero sen efectos operativos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)