Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSIDERA QUE SE PODE CHEGAR Á HOMOSEXUALIDADE "POR VICIO"

O bispo de Mondoñedo cre que o normal é "que o home tenda á muller e a muller ao home"

O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, José Gea Escolano, concorda con Fraga na súa consideración da homosexualidade como unha "anomalía". En declaracións a Radio Lugo, Gea Escolano sinalou que "a tendencia homosexual non é normal, polo que pode haber unha alteración xenética". O normal, segundo o bispo, "é que o home tenda á muller e a muller ao home". De feito, para Gea, "poida que haxa certas desviacións, ben sexan por xenética, por educación, polo ambiente no que se viviu ou por vicio". Tamén sinalou que a equipación do matrimonio coas unións homosexuais "equivale a destrozar a familia".

- 13:24 16/12/2004
Tags:


0/5 (0 votos)