Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APELA Á AUTORIDADE DO PAPA

Fraga insiste en que a homosexualidade é unha "anomalía biolóxica"

"Eu soamente dixen antonte o mesmo que dixo o home que eu máis repecto no mundo, a súa santidade o Papa, que o matrimonio é cousa entre home e muller e para que as nais poidan ser nais". Fraga apelou ao argumento de autoridade relixiosa para xustificar as súas declaracións sobre a homosexualidade. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Fraga sinalou que el rexeitou á persecución contra os homosexuais, pero que non considera que a unión entre persoas do mesmo sexo poida equipararse ao matrimonio. Cando foi preguntado en que cre que a condición homosexual é unha anomalía, Fraga limitouse a contestar "é unha anomalía biolóxica".

  • O bispo de Mondoñedo cre que o normal é "que o home tenda á muller e a muller ao home"
  • Anteriores: A oposición pídelle a Fraga que rectifique as súas declaracións sobre a homosexualidade

  • - 13:26 16/12/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)