Pérez Varela deberá explicar con quen contactou para que o vindeiro ano o intelectual palestino, Edward Said, autor de Orientalismo e Cultura e imperalismo, participe no Foro Internacional "Camiños da Concordia". O conselleiro de Cultura, Comunicación e Turismo incluiu a Said na listaxe de persoeiros que participarían neste foro durante a presentación parlamentaria do Plan de Promoción Turística 2005. Lamentabelmente, Edward Said morreu no mes de setembro de 2003 despois dunha longa enfermidade. Aproveitamos para recomendarlles aos lectores a visita a esta web, onde se recolle gran parte da súa obra xornalística e outros artigos relacionados cos seus principais obxectos de estudo: a literatura comparada, a musicoloxía e a situación en Palestina.