Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPARECENCIA NA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN

Aznar: o PSOE e algúns medios "fabricaron a mentira"

Aznar comezou a súa intervención na comisión de investigación dos atentados do 11-M cunha lembranza das vítimas e defendendo a "transparencia sen precedentes" coa que o seu goberno informou á cidadanía entre o día dos atentados e a noite electoral do 14 de marzo. O ex-presidente acusou aos medios de comunicación , en especial á Cedena Ser, e ao PSOE de "fabricar a mentira" e crear a "teoría da ocultación de información do goberno".

- 09:09 29/11/2004
Tags:

Aznar asegurou que nunca puxo en cuestión os resultados electorais, pero que eses medios de comunicación e os partidos daquela na oposición "xogaron a desestabilizar" durante a xornada de reflexión.

Aznar non recoñeceu en ningún momento que o goberno cometese algún erro na información que emitiu sobre os atentados e acusou á oposición de non apoiar a acción do goberno e a actuación das forzas de seguridade naqueles días. Tampouco considerou daquela "pertinente" convocar o Gabinete de Crise nin o Pacto Antiterrorista.

É a primeira vez que un ex-presidente do goberno español comparece nunha comisión parlamentaria de investigación. No exterior do Congreso dos Deputados concentráronse varios grupos de persoas, uns en apoio de Azanar e outros para protestar pola actuación do goberno naqueles días.


0/5 (0 votos)