O ex-presidente do goberno, José María Aznar comparece esta mañá na comisión de investigación dos atentados do 11-M. Aznar xustifica as actuacións do goberno que presidía entre o 11 e o 14 de marzo e afirmou que o executivo "informou cunha transparencia sen precedentes". Despois da intervención do ex-presidente comezará a quenda de preguntas por parte dos representantes dos grupos parlamentarios. "Foron outros os que mentiron e mentiron con contumacia", engadiu.