Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
25 DE NOVEMBRO

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

A Marcha de Mulleres e diversas organizacións preparan diversos actos para celebrar o 25 de novembro o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Nesta xornada reivindicarase, por parte da marcha, no só o cese da violencia senón a creación de medidas cautelares e preventivas que protexan á muller así como a aprobación da Lei Integral Contra a Violencia de Xénero.

- 11:30 24/11/2004
Tags:

A Marcha das Mulleres convoca en Vigo unha concentración na rúa do Príncipe (fronte ao Marco) ás 20.30 horas, onde se proxectará un audiovisual sobre a violencia de xénero. Para o sábado 27, ás 18.00 horas, convocou tamén unha manifestación, que partirá da praza de Portugual.

A súa principal reivindicación é a de solicitar medidas cautelares e preventivas que protexan a muller, medidas que favorezan a súa indepedencia económica, a elaboración dunha Lei Galega de Violencia de Xénero e a aprobación da Lei Integral Contra a Violencia de Xénero. Dende a marcha destácase o feito de que esta lei, ademais de ser aprobada, precisa contar cun orzamento axeitado e reforzarse co recoñecemento doutras formas de vilencia, ademais da agresión, como pode ser o acoso.

O 25 o concello de Oleiros organizou unha xornada de teatro, nas Torres de Santa Cruz, onde actuará a compañía Mariclown ás 20.30 horas. Ademais, en todos os concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas terá lugar unha carreira de relevos para celebrar este Día Contra a Violencia, que no caso de Oleiros culminará con dúas concentracións, no Paseo da Paradela e diante do concello.


0/5 (0 votos)